A rota pasa polos concellos de Ares, Fene e
Cabanas.
É unha rota de dificultade baixa, por sendeiros de terra e algún tramo de estrada; hai que ter un pouco de coidado naqueles tramos que pasan pegados as calas e cantís, especialmente cando o terreo está humido polas chuvias porque pode estar resbaladizo.
O percorrido e de 4 km que pode ter unha duración entre unha hora ou unha hora e media.
Casas de Redes cara ó mar. |
É unha rota de dificultade baixa, por sendeiros de terra e algún tramo de estrada; hai que ter un pouco de coidado naqueles tramos que pasan pegados as calas e cantís, especialmente cando o terreo está humido polas chuvias porque pode estar resbaladizo.
O percorrido e de 4 km que pode ter unha duración entre unha hora ou unha hora e media.
A saída será do porto de Redes, onde podemos
ver algúns exemplos das casas mariñeiras que ainda se conservan en bo estado.
Antes de chegar a explanada do porto a man dereita hai un novo aparcamento onde
pode aparcarse o coche sin ningún problema, xa que na zona do porto está
prohibido aparcar.
Dende o porto de Redes saímos por unha
pequena rúa que discorre paralela a
praia de Redes, cando chegamos a parte alta hai unha bella vista
panoramica da vila de Redes.
Vista de Redes e o seu porto. |
Continuamos por un sendeiro de terra nunha
zona arbolada con castiñeiros, carballos e loureiros ata chegar o río Sandeo xa en Limodre concello de Fene,
aquí combinaremos a estrada de asfalto con pistas de terra, pasamos por
algunhas calas e praias de Fene como:
Praia do Coido, praia Almieiras e praia do río Castro. Neste lugar atopase os
restos dun muiño de mareas.
Cando deixamos o concello de Fene e entramos
no concello de Cabanas encontramos na parte alta explendidas vistas e postas de
sol da ría de Ares.
Pasamos pola coñecida praia de Chamoso que
ten bastante amplitude coa baixamar e permite
acceder a apartadas calas as que non se chega coa marea alta.
Praia de Chamoso. |
Antes de chegar a praia da Magdalena en
Cabanas pasamos pola Punta da illa onde se lle botamos imaxinación podes ver
nas rochas figuras de animais como o
león ou a esfinxie entre outros.
Para chegar a praia da Magdalena temos que
baixar por unha empinada escaleira de madeira que nos deixa xusto no paseo da
praia, xunto os primeiros chalets da praia, continuamos ata o piñeiral de
Cabanas onde hai un área recreativa con mesas e barbacoas, aquí podemos dar por
teminado o percorrido ou optar por facer o regreso a Redes como opción duna
rota de ida e volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario