Páginas

domingo, 28 de abril de 2013

ROTA DO RÍO XUBIA


ROTA DO RÍO XUBIA

Muiño do Río Xubia.

É una rota pola ribeira fluvial do río Xubia, pola marxe esquerda do río Grande de Xubia en sentido ascendente, dende a desembocadura na ría de Xubia ata o muiño de Pedroso onde esta o camping e a área de lecer. A rota é de fácil acceso, de perfil plano e de dificultade baixa; so hai que ter coidado en épocas de enchentes debido as choivas de inverno ou primavera.


A distancia e de 5 km aproximadamente e a duración do percorrido e de 2 horas e media facendo paradas nos sitios de interese.


A saída faremola dende a ponte do río Xubia que delimita os concellos de Narón e Neda, neste lugar podemos ver a ponte de cantería do século XIX, que sustituiu a outra anterior de orixe medieval construida polos Andrade, na parte de Neda está a fábrica téxtil de Xubia, creada por empresarios cataláns que utilizaron e ampliaron as anteriores instalacións dunha fábrica de cobre e de moeda e de armas durante a ocupación francesa nos comenzos do século XIX baixo o reinado de Fernando VII , durante a época de Isabel II nunha visita a Ferrol xa admirou o centenario magnolio que hai xunto a estrada. O muiño fariñeiro da familia Lestache de orixe francés é o terceiro gran edificio da zona que actualmente está en fase de restauración e é un dos edificios máis emblemáticos do concello de Narón.

Ponte do Século XIX.
Partindo da praza vella nos encontramos na beira do río cun paseo de magnolios e choupos de gran porte, tamén observamos restos da muralla da fabrica e a canle de desaugue da fábrica na marxe dereita. Este tramo final do río é moi apreciado polos pescadores polas capturas de troitas, reos e algún salmón. Unha vez que pasamos una estación de bombeo que so se utiliza en épocas de seca, camiñaremos por un sendeiro no que predominan os árbores de ribeira como: freixos, choupos, aveleiras, ameneiros e salgueiros entre outros.

A un kilometro e medio chegamos o lugar da presa do Rei, constriuida para abastecer de auga a fábrica téxtil, dende aquí ata o lugar de Prados atopamos nas rochas da parte esquerda uns manantiais que a xente utiliza pola súa auga para refrescarse, xa no lugar de Prados, ata onde pode chegarse en coche, xuntase o regato de Prados co río Xubia, hai unha zona que se utiliza no verán como zona de baño e de merendas.
 
Presa do Rei.
A partir de aquí o sendeiro vai pegado a una pista asfaltada ata chegar a ponte de acceso a antiga piscifactoría ( presa e muiños de Fabián) que pechou na década dos oitenta do século pasado debido a contaminación do río por unas industrias que non respetaron o medioambiente, hoxe pechadas. Dende este lugar o río vai encaixandose debido o relevo montañoso do coto de Ancos . No 4 km do percorrido chegamos os muiños e presa de Gradaille feitos en cantería e que se conservan en bo estado , que xa pertencen o concello de Neda.

Magnolio centenario.
Pasada a ponte de Doso o río abrese novamente nun amplo val no lugar de Cerdeiras en Doso novamente en Narón, continuamos agora pola pista asfaltada para ver os últimos muiños que nos quedan da rota, o muiño de Entrerrios no que se xunta co río Castro que ven de Doso e Narahio e o muiño de Pedroso (muiño de Chao) no que a parte de ver as instalacións da maquinaria do muiño no que se fan demostracións das tareas que se facían para obter a fariña, hai un camping moi concorrido no verán, xa que conta cunha área de lecer con mesas e barbacoas tanto na beira de Pedroso como na de Doso, xa que están unidas por una ponte de madeira. Os días de calor do verán ten un ambente moi agradable con baño incluido nas augas frescas e limpas do río Xubia.
 
 

Como opción en Pedroso tamen podemos visitar a Capela da O, famosa pola romería do 2º domingo de maio e a igrexa barroca de San Salvador de Pedroso, fronte a que temos o apeadeiro do ferrocarril de FEVE en Pedroso que nos pode servir como medio para voltar a Narón o Ferrol.

Ruta Río Xubia do Concello de Narón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario