Páginas

martes, 14 de mayo de 2013

Rota circular Sta María de Dexo- Porto de Dexo (Oleiros)


ROTA PORTO DE DEXO  (OLEIROS)

Igrexa Dexo- Porto de Dexo – Regreso a Dexo.

Herba de namorar
É una parte dunha rota de senderismo o PR-G87 que comeza na localidade de Mera e discorre polo monumento natural  Costa de Dexo- Serantes para rematar en Lorbé, na que podemos ver os faros de Mera, o Seixo branco , as Furnas, porto de Dexo, castros de Subiña, punta Roza e Torella e o  porto de Lorbé.

E un espacio natural de gran  riqueza biolóxica, declarado monumento nacional no ano 2000

É una  rota circular é de 3 km de distancia e de una hora e media de duración cun perfil moi suave e de fácil acceso.

Punta do castro
Son sendeiros de terra que nos levan pola costa observando: faros, baterías militares, castros e cantís espectaculares do golfo Ártabro formado polas rías de A Coruña, Ares e Betanzos.