Páginas

martes, 14 de mayo de 2013

Rota circular Sta María de Dexo- Porto de Dexo (Oleiros)


ROTA PORTO DE DEXO  (OLEIROS)

Igrexa Dexo- Porto de Dexo – Regreso a Dexo.

Herba de namorar
É una parte dunha rota de senderismo o PR-G87 que comeza na localidade de Mera e discorre polo monumento natural  Costa de Dexo- Serantes para rematar en Lorbé, na que podemos ver os faros de Mera, o Seixo branco , as Furnas, porto de Dexo, castros de Subiña, punta Roza e Torella e o  porto de Lorbé.

E un espacio natural de gran  riqueza biolóxica, declarado monumento nacional no ano 2000

É una  rota circular é de 3 km de distancia e de una hora e media de duración cun perfil moi suave e de fácil acceso.

Punta do castro
Son sendeiros de terra que nos levan pola costa observando: faros, baterías militares, castros e cantís espectaculares do golfo Ártabro formado polas rías de A Coruña, Ares e Betanzos.
 
 
 
 
 
 
 

A zona foi duramente afectada polo desastre do Prestige no ano 2002 do que ainda quedan pegadas nalgunhas  rochas, pero que na actualidade presenta una recuperación casi total da costa.

Castro de Castromen
A rota parte da igrexa románica de Santa María de Dexo,  por unas pistas forestais en dirección o castro de Castromen (sen excavar)  e a punta de Ladrón,  onde xa podemos observar cantís de gran altura, regresamos 200 m  para retomar a rota PR-G87 con dirección o porto de Dexo que está moi ben indicada con postes que nos indican a dirección e a distancia.
Santa Mª de Dexo

Na rota podemos avistar niños de aves, zonas de prados costeiros e bosques de piñeiros, eucaliptos, carballos, loureiros e matorrais cara o interior. Pasamos por un antigo lavadoiro agora en desuso. No porto de Dexo hai una fermosa rosa dos ventos con esculturas de golfiños que nos indican os catro  puntos cardinais.
Porto de Dexo
 
 
 O pequeño porto ten un guindastre que servía para baixar e subir os botes de pesca ata a praia; fronte a praia está o famoso illote da Marola “quen pasou a Marola pasou a mar toda” e que da acceso a ría da Coruña.
A Marola
 

A partir deste lugar no que atopamos una área de lecer cunha fonte, subimos por una pista asfaltada para chegar a estrada comarcal e finalizar novamente na igrexa de Santa María de Dexo.
 

E una igrexa exemplo do románico rural galego do século XII, foi consagrada polo arzobispo Gelmírez no ano 1108, sobrevivíu a un importante incendio no 1903 e posteriormente foi desmontada pedra a pedra e restaurada . Ten unha  nave rectangular rematada nunha ábsida semicircular, a fachada principal ten dous pares de columnas e tres arquivoltas de medio punto.
www.rutasasmarinas.com
www.oleiros.org



Faros de Mera
Praia de Dexo
Seixo branco
Porto de Lorbé
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario