RUT
RUTA DO MOSTEIRO DE CAAVEIRO
Saída:
Partiremos do punto señalizado que hai na
estrada que vai da Capela a central hidroeléctrica do Eume, descendese por un
antigo camiño medieval atravesando eucaliptais na parte alta , que pasan a
formar bosques de castaños, carballos, loureiros, acibros e gran variedade de
arbustos e fieitos conforme baixamos e nos adentramos no Parque natural das
Fragas do Eume. O percorrido e de dificultade media-baixa seguindo o cauce do
río Sesín ata chegar a menos dun
kilómetro e medio ata o mosteiro de
Caaveiro.
Situado nun montículo rocoso entre os ríos Eume e Sesín, na fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións ó longo da súa historia. As súas orixes remóntanse ó seculo X en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar. A historia de Caaveiro vencéllase a S. Rosendo e pertencéu á orde de S. Bieito e posteriormente foi mosteiro de coengos regulares de S. Agustín.
Trátase dun conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas: Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario, etc.
Hoxe está restaurado pola Diputación da Coruña e pode verse as distintas partes do mosteiro: Igrexa de Santa Isabel, casa dos Cóengos. Cortes, casa do forno e muiño, fonte e ponte do rio Sesín.
Na actualidade conta cunha cantina aberta os fins de semana e nas épocas de vacacións de nadal, semana santa e verán.
Despois de visitar o mosteiro e facer un descanso continuaremos o percorrido seguindo a marxe dereita do río Eume na dirección do seu nacemento , río arriba, é un camiño que vai paralelo o río que por momentos presenta subidas pronunciadas e nas que algunhas pontes de madeira facilitan o acceso. Da parte dereita caen alguhas fervenzas de gran altura e beleza como a que atopamos pasada a mini central na que aparece un desvio que sube ata Monfero.
Continuamos uns tres kilometro para chegar a central hidroeléctrica e a estrada que une con A Capela , continuaremos agora por unha estrada asfaltada para chegar o lugar do inicio da ruta cerca dos muiños do río Sesín.
É unha ruta circular que nos pode levar catro horas e que a dificultade depende da situación do tempo xa que en época de choivas hai lugares que non se poden utilizar.
eumeturismo.org
www.youtube.com/watch?v=z5dMcGcpunU
No hay comentarios:
Publicar un comentario