Páginas

sábado, 28 de diciembre de 2013

Ruta de Caaveiro

RUT
RUTA DO MOSTEIRO DE CAAVEIRO


Saída:

Partiremos do punto señalizado que hai na estrada que vai da Capela a central hidroeléctrica do Eume, descendese por un antigo camiño medieval atravesando eucaliptais na parte alta , que pasan a formar bosques de castaños, carballos, loureiros, acibros e gran variedade de arbustos e fieitos conforme baixamos e nos adentramos no Parque natural das Fragas do Eume. O percorrido e de dificultade media-baixa seguindo o cauce do río Sesín ata chegar  a menos dun kilómetro e medio ata o mosteiro  de Caaveiro.

Situado nun montículo rocoso entre os ríos Eume e Sesín, na fraga do Eume, de incomparable beleza, érguese este mosteiro que sufriu numerosas intervencións ó longo da súa historia. As súas orixes remóntanse ó seculo X en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar. A historia de Caaveiro vencéllase a S. Rosendo e pertencéu á orde de S. Bieito e posteriormente foi mosteiro de coengos regulares de S. Agustín.
Trátase dun conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas: Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario, etc.

Hoxe está restaurado pola Diputación da Coruña e pode verse as distintas partes do mosteiro: Igrexa de Santa Isabel, casa dos Cóengos. Cortes, casa do forno e muiño, fonte e ponte do rio Sesín.

Na actualidade conta cunha cantina aberta os fins de semana e nas épocas de vacacións de nadal, semana santa e verán.
Despois de visitar o mosteiro e facer un descanso continuaremos o percorrido seguindo a marxe dereita do río Eume na dirección do seu nacemento , río arriba, é un camiño que vai paralelo o río que por momentos presenta subidas pronunciadas e nas que algunhas pontes de madeira facilitan o acceso. Da parte dereita caen alguhas fervenzas de gran altura e beleza como a que atopamos pasada a mini central na que aparece un desvio que sube ata Monfero.


 Continuamos uns tres kilometro para chegar a central hidroeléctrica e a estrada que une con A Capela , continuaremos agora por unha estrada asfaltada para chegar o lugar do inicio da ruta cerca dos muiños do río Sesín.
É unha ruta circular que nos pode levar catro horas e que a dificultade depende da situación do tempo xa que en época de choivas hai lugares que non se poden utilizar.  
eumeturismo.org 

 www.youtube.com/watch?v=z5dMcGcpunU‎

martes, 14 de mayo de 2013

Rota circular Sta María de Dexo- Porto de Dexo (Oleiros)


ROTA PORTO DE DEXO  (OLEIROS)

Igrexa Dexo- Porto de Dexo – Regreso a Dexo.

Herba de namorar
É una parte dunha rota de senderismo o PR-G87 que comeza na localidade de Mera e discorre polo monumento natural  Costa de Dexo- Serantes para rematar en Lorbé, na que podemos ver os faros de Mera, o Seixo branco , as Furnas, porto de Dexo, castros de Subiña, punta Roza e Torella e o  porto de Lorbé.

E un espacio natural de gran  riqueza biolóxica, declarado monumento nacional no ano 2000

É una  rota circular é de 3 km de distancia e de una hora e media de duración cun perfil moi suave e de fácil acceso.

Punta do castro
Son sendeiros de terra que nos levan pola costa observando: faros, baterías militares, castros e cantís espectaculares do golfo Ártabro formado polas rías de A Coruña, Ares e Betanzos.
 
 
 
 
 
 
 

martes, 30 de abril de 2013

Ruta de la Costa Artabra


RUTA DE LA COSTA ARTABRA



Pena Lopesa

La ruta pasa por los concellos de Ferrol, Narón y Valdoviño y va desde la playa de Santa Comba en Ferrol hasta la playa de Campelo en Valdoviño.

Playa do Casal

domingo, 28 de abril de 2013

ROTA DO RÍO XUBIA


ROTA DO RÍO XUBIA

Muiño do Río Xubia.

É una rota pola ribeira fluvial do río Xubia, pola marxe esquerda do río Grande de Xubia en sentido ascendente, dende a desembocadura na ría de Xubia ata o muiño de Pedroso onde esta o camping e a área de lecer. A rota é de fácil acceso, de perfil plano e de dificultade baixa; so hai que ter coidado en épocas de enchentes debido as choivas de inverno ou primavera.


A distancia e de 5 km aproximadamente e a duración do percorrido e de 2 horas e media facendo paradas nos sitios de interese.

domingo, 31 de marzo de 2013

Videoavance de la próxima ruta en la comarca de Valdoviño


Las playas del Concello de Valdoviño nos dejan imagenes impresionantes por su belleza y su fuerza, en este video de presentación de la próxima ruta os haréis una idea de lo que quiero decir.

Las playas de Valdoviño...

Un saludo a todos y todas!!

Ruta: Redes - Cabañas (A Coruña)



A rota pasa polos concellos de Ares, Fene e Cabanas.



Casas de Redes cara ó mar.

É unha rota de dificultade baixa, por sendeiros de terra e algún tramo de estrada; hai que ter  un pouco de coidado naqueles tramos que pasan pegados as calas e cantís,  especialmente cando o terreo está humido polas chuvias porque pode estar resbaladizo.
O percorrido e de 4 km que pode ter  unha duración entre unha hora ou unha hora e media. 

Benvidos ó blog das rutas de Galicia.

Redes - A Coruña
Compráceme comezar esta nova andaina, pero non polos senderos e camiños que trascorren polas maravillosas paisaxes que nos podemos atopar en Galicia. Esta aventura comeza na rede, onde a través de este blog intentaréi achegar a todas e todos as maravillas, as veces non sinxelas de atopar, que a pe podemos percorrer por marcos incomparables que a natureza nos brinda.



Espero que sexa do voso agrado e non deixedes de postear os vosos comentarios, suxestións, dúbidas ou críticas que vos poidan xurdir.

Moitas grazas a todos e todas!!